Esther Sierra Abraín
Estudei Belas Artes en Salamanca xa fai moitos anos, máis tarde traballei como deseñadora gráfica en distintas entidades públicas, durante 10 anos impartín cursos de deseño gráfico en Salamanca, Valladolid, Vigo e moitos sitios máis, dende o 2007 traballo por conta propia como deseñadora gráfica en Galicia.
Algúns clientes para os que traballei ou traballo:
Xunta de Galicia, Concello de Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, Concello de Ames, Concello de Brión, Concello de Teo, Sociedad Española de Ciencia del Suelo-Galicia, MBG-CSIC sede Santiago de Compostela, Tragsa.
Inspírame a natureza, os animais, as plantas, busco formas sinxelas, exprésome con moitas cores sobretodo cores vivas, gústame experimentar con diferentes técnicas.
Seleccionada na I Mostra Nacional de Deseñadores Gráficos "SIGNOS VISUAIS" XUVENTUDE 91. Consellería de Cultura e Xuventude Dirección Xeral de Xuventude Xunta de Galicia. Exposiciones en Santiago de Compostela, Ourense, Lugo e Vigo, xaneiro a abril 1992
Seleccionada na II Mostra Nacional de Deseñadores Gráficos "SIGNOS VISUAIS" XUVENTUDE 92. Consellería de Cultura e Xuventude Dirección Xeral de Xuventude Xunta de Galicia. Exposición en Ourense, de decembro a xaneiro 1993.
Exposición Colectiva de Grabado no Museo de Salamanca xuño - xullo de 1991.
Exposición colectiva de pintura “31 Artistas por Ruanda”, organizada por MÉDICOS SIN FRONTERAS Casa das Artes de Vigo, de decembro de 1994 a xaneiro de 1995.
